🏆 Sorteo dunha inscrición dobre para o Campionato de Tute 🃏

Bases legais do concurso

1. Identificación da entidade organizadora

A Comisión de Festas '20 de Castroverde é a encargada de organizar este concurso.

2. Datas de comezo e finalización do concurso

A data de inicio do concurso será o mércores 12 de febreiro ás 19:00 horas e finalizará o venres 14 de febreiro ás 22:00 horas. Poderase participar unicamente nese período de tempo. A Comisión de Festas '20 de Castroverde reserva o dereito de aprazar ou ampliar o período do concurso en caso de forza maior.

3. Regras e condicións para participar

Poderán participar no concurso aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con residencia en España. Para participar, deberán interactuar coas publicacións correspondentes que estarán nas contas oficiais tanto de Facebook como de Instagram. Unha participación será válida en Facebook cando o usuario realice unha interacción ("gústame", "encántame", etc.) e un comentario mencionando a unha persoa. Polo outro lado, en Instagram será suficiente con escribir un comentario mencionando a unha persoa. Polo tanto, a mesma persoa poderá participar dobremente (Instagram e Facebook). Resérvase o dereito a efectuar calquera cambio na campaña durante o seu desenrolo.

4. Selección do gañador

Será condición totalmente necesaria para levar a cabo o sorteo, a participación de polo menos 30 persoas. O sorteo farase inmediatamente despois da finalización do concurso. Este será realizado por medio da plataforma Cool Tabs, a cal, certificará que a elección foi totalmente aleatoria. Realizarase un sorteo entre todos os participantes, do cal sairá un único gañador e tamén, un único suplente. O gañador será anunciado de forma oficial na nosa páxina de Facebook e tamén lle enviaremos unha mensaxe persoal. Se no prazo de 10 horas, non se obtén resposta, o premio pasará automaticamente ao suplente, o cal terá o mesmo tempo para responder. Unha vez o premio sexa ofrecido ao suplente, o gañador anterior perderá o dereito de reclamar o premio.

5. Valor e natureza do premio ofrecido

O premio consistirá na participación de balde de 2 persoas, cuxo prezo de inscrición é de 60 puntos, no III Campionato de Tute das Festas do Santiago, o cal se levará a cabo este sábado 15 de febreiro a partires das 19:00 horas, no pavillón municipal "A Ferrería" de Castroverde.

6. Aceptación das bases legais

A participación do concurso conleva a aceptación dos presentes termos e condicións legais. Calquera manifestación de non aceptación da totalidade ou parte das bases legais levará a cabo a exclusión dos participantes e, como consecuencia, A Comisión de Festas '20 de Castroverde quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída con dito participante.